Luns. 29.04.2024

O Parlamento de Galicia celebrou a sesión constitutiva da XII Lexislatura da Cámara. O acto comezou coa constitución da Mesa da Idade, a elección da Mesa da Cámara para a Lexislatura que comeza e a prestación e promesa ou xuramento, por parte de todos os deputados e deputadas, de acatar e gardar fidelidade á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.

 A composición da Mesa do Parlamento de Galicia quedará constituída por Miguel Ángel Santalices do PP na presidencia, como vicepresidenta primeira a popular María Elena Candia, vicepresidenta segunda María Montserrat Prado do BNG, como secretaria Ethel María Vázquez do PP , e na vicesecretaría para a socialista Patricia Iglesias.

Antes de rematar o acto, o presidente da Cámara da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, reiterou o seu cariño á institución parlamentaria  e fixo un chamamento á altura de miras de deputadas e deputados.

 Santalices amosou o seu desexo de que o conxunto de deputadas e deputadas logren, nesta Lexislatura, “estar á altura da confianza" que lles foi outorgada pola cidadanía nas urnas e compartiu unha arela: “a paz; acabar coas guerras, que só traen sufrimento e descalabro".

ETHEL VÁZQUEZ DEIXA A SÚA CONSELLARÍA

Ata a de agora conselleira de Infraestruturas e Transportes, Ethel Vázquez, deixará o seu posto para asumir o cargo de secretaria sa Mesa do Parlamento. Vázquez, levaba unha década ao fronte da consellaría e ocupará o lugar que deixou a popular Corina Porro.