Venres. 29.03.2024

 

O PP de Melide ven de  constatar o abandono á que está sometida a área recreativa de Furelos o que provoca que un ano máis que o río non drene a acumulación de lodos de maneira natural ao non executar o bipartito melidense as obras que Augas de Galicia indicou xa hai preto dun ano.

Estado do Río  Furelos
Estado do Río Furelos

216.000 euros de investimento para os cales o bipartito Am-PSOE non ten excusa: herdaron o Concello máis saneado da historia recente e non son capaces de levar adiante o proxecto que a Xunta de Galicia xestionou con todos os permisos sectoriais favorables” sinala Dalia García.

A portavoz popular  urxe que esta situación se revirta máis pronto ca tarde se queremos por unha banda, recuperar a saúde medioambiental do río nese tramo e por outra, ofrecer unha zona natural de ocio aos melidenses en adecuadas condicións.

Os populares sinalan que a incoherencia do bipartito AM-PSOE é manifesta cada vez que se encontran cun problema cando estaban na oposición esixían o arranxo inmediato do mesmo, pero as cousas cambian cando están se ten que gobernar, sendo o balance o seguinte: máis de tres anos de mandato e un proxecto herdado e xestionado integramente polo anterior goberno popular e son incapaces de orzamentalo herdando un Concello con superavit económico.

Río Furelos
Río Furelos

García reitera “é lamentable que vexamos que os melidenses acoden a outros Concellos veciños a desfrutar do seu tempo de ocio e o problema de acumulación de lodos agora non preocupe a ninguén cando se corre o risco de que os permisos sectoriais favorables poidan incluso caducar tendo que iniciar novamente todo o proceso”.