Xoves. 28.03.2024

O oftalmólogo especialista en mácula, retina e vítreo do Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla e facultativo especialista de Área no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), o doutor Maximino Abraldes, acaba de ser nomeado novo presidente da Sociedade Galega de Oftalmoloxía.

Abraldes asume o cargo durante un período de catro anos tras a renovación da Xunta Directiva, e que foi conformada para que estean representadas todas as áreas que compoñen a oftalmoloxía e de que haxa unha representación xeográfica equilibrada con, polo menos, dous membros de cada unha das Áreas Sanitarias galegas. 

Durante o acto de nomeamento, Maximino Abraldes explicou que entre as súas principais novidades está “a creación de grupos de traballo nas distintas subespecialidades que permitirán a posta en común de temas da subespecialidade na nosa contorna e para a elaboración de protocolos de actuación e documentos que sirvan de axuda aos socios", dixo o doutor e engadiu que tamén imos "realizar cursos en ciencias básicas relacionadas coa oftalmoloxía e impulsar iniciativas de valor que permitan aumentar o número de socios”.

PERFIL