Sábado. 27.07.2024

A súa ampla experiencia no mundo da política como conselleiro e secretario xeral no partido socialista ou Alcalde de Carballiño, levouno despois de algúns anos a liderar en 2019 Espazo Común, que decide concurrir a estas eleccións con varias formacións espalladas polo noso territorio, baixo as siglas de Espazo Común Galeguista.

Vimos claro que hai un número importante de concelleiros e concelleiras en formacións pequenas no ámbito da política local, que decidiron abandonar os grupos sectarios donde prima o interés persoal, frente o colectivo e donde Galicia só está presente nas eleccións, convertindoa en unha comunidade sin voz e donde o futuro pasa polas decisions de Ferraz ou Génova. Non pode ser, Galicia ten que ter Espazo, voz e axenda propia.

 

En poucos días conseguiron que se sumaran Galicia Sempre, Unidade Local, Coalición Galega e Compromiso por Galicia , ademais do apoio público do partido Galego. Como foi ese proceso?

Sinxelo porque nos unían dúas cousas fundamentais, o benestar de Galicia donde levamos traballando anos dende donde se fai realmente a política que cambia a vida dos cidadáns e a xenerosidade de todas as formacións por facer unha alianza que nos permita acadar bos resultados para o cambio que precisa o nosos pais

As grandes formacións como PP, PSOE ou BNG, xa teñen constancia que en Galicia hai un Espazo para nós e a pesares das visitas madrileñas e os millóns invertidos nesta campaña, son consciente que mais dun non chegará a meta.

Pachi Vázquez na pegada de carteis
Pachi Vázquez na pegada de carteis

E fala claramente do partido socialista

Falo en xeral e mais concretamente do PSOE que pensou que fulminando aos que cuestionaban as súas decisións e non agachaban a cabeza , quedarían nun limbo difícil de saír. Certo é que custa moito, pero os resultados acadados nas eleccións locais obtendo mais de 40 concelleiros e concelleiras demostran todo o contrario.

Moi contento non debe estar coas enquisas, Espazo Común Galeguista no está reflexado neslas

O reflexo que buscamos son nas urnas o 18 de febreiro. Si facemos memoria, no Carballiño e en Ames pasou o mesmo e mira por donde Carballiño ten 5 concelleiros e Ames en tempo récord obtuvo unha edil, Luisa Feijóo, que encabeza a lista por A Coruña

Como médico seralle doado facer un diagnóstico das propostas que escoitamos estos días

Galicia está gravemente enferma porque sempre decidiron por nós. Fálase moi pouco dela e dos seus problemas é o que ten cando a campaña está marcada por Madrid, cousa que non nos pasa a nós, que non temos ningún tipo de interferencias e coñecemos e temos capacidade para solucionar os problemas.

“ O panorama político para o futuro de Galicia é desolador, especialmente na Galicia Interior

Que é o que mais lle preocupa?

A masacre que sufren os mais novos, tanto públicos como privados, con condicións de traballo vergoñentas, que impiden a súa independencia e a posibilidade de emprender.

Preocúpame de xeito especial o envellecemento da nosa poboación, que pon a Galicia nunha situación preocupante. Enchen a boca falando de demografía, de construir residencias, de prometer cartos para o coidado dos nosos maiores. O que Galicia precisa e un plan demográfico con chan a custe cero, bonificacións aos nosos autónomos e empresas, medidas de conciliación ou axudas á vivenda, para que os emprendedores vexan as posibilidades que este lles pode ofrecer.

A pandemia xa nos ensinou, co pequeño éxodo de xente que abandou a cidade para vivir no rural, que eso é posible. So faltan recursos e ganas de levalo a cabo. O panorama que se aveciña nos próximos anos é desolador para a Galicia interior.