Venres. 29.03.2024

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia e candidato a liderar o Partido Popular a nivel nacional, desvelou onte algúns dos nomes das persoas que o acompañarán no seu percorrido para chegar á Moncloa.

Así, durante a tarde de onte, o equipo de Crónicas da Comarca e Bisbarra desprazado a Sevilla, onde se está celebrando o Congreso Popular, puideron coñecer as primeiras reaccións de Diego Calvo, presidente provincial do PP de A Coruña e tamén vicepresidente do Parlamento autonómico, cando foi nomeado presidente do Comité Electoral en Génova.

Calvo explicou a este medio que “este novo posto supón para min unha responsabilidade grande e un agradecemento enorma ao presidente por contar cos catro presidentes provinciais en Galicia, creo que é unha aposta xa que sabe como traballamos e que pode confiar en nós, o único que queremos é non defráudalo e agardamos estar á altura das circunstancias e poder axudar a chegar á Moncloa canto antes”.

Diego Calvo facía así mención aos demais presidentes do PP das provincias galegas que tamén formarán parte do núcleo duro do equipo de Feijóo, tales como a lucense Elena Candia á que lle outorgou o cargo de vogal por designación do presidente, ao pontevedrés Alfonso Rueda que foi nomeado vogal do Comité Executivo e ao ourensá José Manuel Baltar que tamén formará parte deste equipo.

Na xornada de onte, Alberto Núñez Feijóo deu máis nomes de galegos que o acompañarán no camiño á presidencia nacional, tales como as conselleiras Fabiola García e Ángeles Vázquez que xunto con Ana Pastor e Jose Romay formarán parte da Xunta Directiva Nacional. O conselleiro Francisco Conde tamén estará como vogal do Comité Executivo.

O nome do galego Miguel Tellado tamén foi protagonista en no congreso popular, xa que será el o que se quede ao cargo do Comité Executivo como representante do Partido Popular mentres non se desgine un novo presidente para o Partido Popular de Galicia.