Venres. 03.05.2024

A Biblioteca Municipal do Concello da Baña acolleu a presentación, o pasado 8 de febreiro, da iniciativa promovida pola Subdelegación do Goberno Mavi: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero, e que ten como obxectivo promover e fomentar a reflexión, a sensibilización e a concienciación sobre as situacións de vulnerabilidade das propias mulleres. Para iso, a maleta viaxeira contén libros que achega á veciñanza con diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista, unha lecturas sobre as cales haberá un intercambio de ideas e de experiencias sobre este tema.

A maleta viaxeira conta cun total de catorce libros coa idea de que todas as mulleres, independentemente da franxa de idade, poidan formar parte do proxecto. Entre as obras que garda a maleta atópanse títulos como A historia dos bonobos con lentes, Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes ou Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo.