Sábado. 27.04.2024

Todas as persoas interesadas en participar poden formalizar as súas inscricións ata as 23:59 horas do 6 de marzo a través da páxina www.galitiming.com, e o prezo da mesma é de 8 euros. Tamén, a organización habilitará un dorsal solidario para todos os que non poidan participar na proba e queiran colaborar cunha doazón á asociación. No caso de que, por calquera causa, non se poida celebrar a competición, non se devolverá o prezo da inscrición, xa que se destinará igualmente a Art of Dent.

Art of Dent é unha asociación sen ánimo de lucro que naceo no ano 2020 por iniciativa de varias familias galegas, dos concellos de Brión, Muros, Pontevedra e Lugo, con nenos afectados pola enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta ás funcións habituais dos riles. O principal obxectivo da asociación é o de recadar fondos para o financiamento da investigación sobre a enfermidade de Dent no NefroChus (Laboratorio de Xenética de enfermidades renais do IDIS, en Santiago de Compostela.