Venres. 29.03.2024

Os populares de Melide consultaron a “Clasificación sanitaria anual das zonas de baño que será a vixente para a temporada 2022” que se atopa colgada na rede. Din que neste ano, a calidade do río Furelos volverá a ser “insuficiente”.

“Todas as críticas que recibimos, a pesares de que o bipartito ten enriba da mesa a solución, un proxecto feito por Augas de Galicia que leva impreso o selo do traballo do equipo municipal popular 2015-2019, estoupanlle agora na mesa de alcaldía a un alcalde que utilizou como lema “salvemos ao Furelos” coma se o PP fose o culpable e agora él é incapaz, coa solución na man, de simplemente facer o que ten que facer, que é xestionar os expedientes municipais, algo para que o tres anos despois está claramente incapacitado” sinala Dalia García, portavoz do Partido Popular de Melide.

García engade que “ o PP de Melide é consecuente coas súas declaracións e advírtelle ao bipartito municipal AM-PSOE que isto, a piques de cumprir tres anos de mandato, supón un fracaso estrepitoso da política que práctica J.M. Pérez, lanzar continuas cortinas de fume e culpabilizar aos demais cando é o seu equipo e o do seu socio o que ten, por unha banda os cartos, con 4,5 millóns de euros de aforro municipal herdado do PP así como o proxecto, algo do que o PP non dispoñía e aínda así propuxo e buscou solucións, cuestións que se poden comprobar”.