Xoves. 28.03.2024

O Concello de Oroso vén de informar á veciñanza do comezo das obras para renovar e humanizar a rúa Ourense, no casco urbano de Sigüeiro.

Grazas a estes traballos, a rúa contará cun novo pavimento, mellorando a seguridade viaria. A actuación inclúe tamén a ampliación das beirarrúas, gañando a zona espazo para os peóns.

As obras terán unha duración aproximada de tres meses e o investimento do concello nesta actuación rondará os 100.000 euros.

“Estes traballos forman parte do plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias para dar resposta ás demandas veciñais”, explica Luis Rey, concelleiro de Obras.