Xoves. 08.12.2022

No último pleno ordinario celebrado o grupo municipal popular propuxo un rogo ao bipartito co fin de que “Melide deixe de estar vinculado a elementos negativos relacionados co medio ambiente facéndose eco da nova que Axencia Galega do Medio Ambiente lanzou onde fai referencia a que o Furelos é un punto vermello pola cantidade de sedimentos e contaminación que acumula”.

Dalia García, portavoz dos populares di que “é inadmisible que co proxecto de Augas de Galicia xestionado enriba da mesa con todos e cada un dos permisos sectoriais sigamos agardando a que o bipartito de Pérez reaccione; o que demostra e que o programa electoral era iso, simplemente iso, promesas”.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade