Martes. 29.11.2022

O PP de Melide di que vai estudar o procedemento de selección do obradoiro dual que o Concello de Melide, que éste comparte con outros concellos da contorna.

Dalia García, portavoz melidense dos populares explica que “vimos de recibir queixas da veciñanza que tendo atendido ás bases non aparecen sequera na lista de admitidos. É escandaloso que este tipo de corruptelas poidan producirse toda vez que os obradoiros son ferramentas que nacen co obxectivo de formar e priorizar aquelas persoas que poidan ter unha maior duración como desempregados ou conseguir formar máis e mellores profesionais; que existan certas prazas do equipo directivo deste obradoiro ás que so atenderon dúas ou tres persoas, e canto menos sospeitoso”.

O PP de Melide adianta que “unha vez nos conste a documentación do procedemento que se poida extraer das Xuntas de Goberno Local que temos pendente de recibir na nosa formación así como a resposta ás preguntas que presentaremos na vindeira sesión plenaria, seguiremos destapando todo aquelo que poida ser sospeitoso de non cumprir coa legalidade”.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade