Sábado. 27.07.2024

O PP de Melide insta a Pérez a reunirse “con urxencia coas autoridades que teñen a competencia en seguridade, é dicir, a Delegación do Goberno en Galicia co fin de tratar temas de prioridade municipal: a situación de propiedades ocupadas en Melide”.

Dalia García, portavoz dos populares explica que “durante as últimas semanas foron varias os veciños que nos alertaron da situación; hai máis de dúas ducias de persoas ocupando propiedades privadas sen ningún tipo de control por parte do bipartito AM-PSOE” . García engade que “é lamentable que non se soliciten reforzos ante situacións de tanta inseguridade obrigando a veciños e veciñas a acudir aos servizos de empresas privadas para desaloxar ocupas das súas vivendas. A situación de inseguridade é tan palpable e a pasividade do Concello tan evidente que ata se instalou unha piscina en plena rúa e ningunha autoridade local reaccionou a pesar de ser alertados.”.

Dende o PP de Melide sinalan que “ante esta situación que se non se atalla pode ir a máis os que nos gobernan deben asumir a responsabilidade e deixarse de intereses persoais para atender ao que realmente sucede en Melide, que lamentablemente, parece ser o último da lista dos actuais responsables municipais”.