Venres. 29.03.2024

O PP de Melide reclama ao goberno local máis atención ao estado de conservación no que se atopa o Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Furelos.

Dalia García, a portavoz dos populares, reitera que “a estas alturas do ano era unha condición inaprazable ter o camiño en óptimas condicións; é unha pena que a boa imaxe de Melide no exterior se vexa empanada pola política de mans caídas dos actuais gobernantes locais. Gobernan a golpe de demanda e so se moven porque así lle lo reclamamos dende a nosa formación, sobrados son os exemplos ao respecto”.