Ao acto asistiron máis de 400 persoas
Rajoy e Rueda comparten xantar en Teo coa veciñanza
09 de febreiro de 2024 (17:51 h.)
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, asistiu este mediodía a un xantar organizado polo PP en Teo no que asegurou que o 18 de febreiro ten que gañar Galicia porque é “o que merecen os galegos e pediu a confianza da Galicia optimista que prefire que avancemos todos xuntos fronte a aqueles que só queren a división e o retroceso”
No acto, ao que asistiron 400 persoas, estivo acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, e a alcaldesa Lucía Calvo.