Sábado. 04.05.2024

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, asistiu este mediodía a un xantar organizado polo PP en Teo no que asegurou que o 18 de febreiro ten que gañar Galicia porque é “o que merecen os galegos e pediu a confianza da Galicia optimista que prefire que avancemos todos xuntos fronte a aqueles que só queren a división e o retroceso”

Xantar en Teo dos populares
Xantar en Teo dos populares

No acto, ao que asistiron 400 persoas, estivo acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, e a alcaldesa Lucía Calvo.