Venres. 19.04.2024

 A menos dun mes das eleccións, como ve ao seu equipo de cara ao 28M?

 É un equipo que está preparado para gobernar a partir do 1 de xuño, e que ademais cumpre perfectamente eses tres requisitos que sempre dixen que ían ter as persoas que me acompañaran: unha importante renovación, todas elas con competecias profesionais, e moito compostelanismo, moita paixón por Compostela. Moi contento co equipo que configuramos, e agora o que toca é conseguir esa confianza da veciñanza para poder transformar a cidade.

 Como valora estes catro anos de Bugallo ao fronte do Concello?

 Estamos ante unha situación de dobre colapso: colapso político e colapso administrativo. O colapso político é evidente: un alcalde sen ganas, sen enerxía, un alcalde completamente esgotado e, ademais, con problemas gravísimos coa dimisión de dous concelleiros por un grave asunto de corrupción. E, un colapso administrativo que tamén é evidente: é o Concello que peor paga as facturas, o Concello que máis tarda en conceder as licenzas, o Concello que non foi capaz de actualizar os contratos básicos e esenciais. Unha situación que eu agardo que os veciños teñan en conta dentro dun mes.

 Vén de denunciar a trama de UXT-Unións Agrarias, máis coñecida como o asunto Pichel. Por que tomou esta decisión de acudir aos xulgados?

 Dúas cuestións. Eu o primeiro que fixen foi cumprir a miña palabra. E en segundo lugar, facer o que alcalde dixo que ía facer e non fixo. Aquí estamos ante un gravísimo caso de corrupción, evidente e demostrado. E ademais hoxe, ninguén en Santiago creese que o alcalde non soubese nada, cando el mismo di que non se move un bolígrafo no Concello sen que el sáibao. Como non vai saber quen é o propietario do alugueiro das instalacións para dúas concellerías. A partir de aí, no propio expediente hai multitude de irregularidades, e polo tanto o que queremos é que se saiba toda a verdade. Ante a falta de respostas cumprimos a nosa palabra, e serán agora os órganos xudiciais os que leven a investigación ata as últimas consecuencias.

Santiago ten que ter a súa propia política de cultura e turismo, non pode seguir facendo seguidismo da Xunta

 Santiago é unha cidade universitaria, institucións, funcionarios… pero conta tamén cunha parte importante de rural. Como ve a situación actual e que propón vostede para o rural?

 En primeiro lugar o que hai é unha débeda histórica con todo o rural de Santiago, que leva décadas de retraso. O máis sinxelo é comparalo cos concellos cos que limita, cun problema gravísimo de saneamento e abastecemento de augas. Polo tanto o que queremos é facer un plan, a curto, medio e longo prazo, para levar todo o saneamento e todo o abastecemento de auga a todas as parroquias. Logo, tamén hai un problema, unha deficiencia moi grave, no que é mantemento das pistas e o desbroce, aquí temos anunciado a creación dunha brigada do rural, con tractores propios, que estarán encima do territorio, coñecerán o territorio, e actuarán de inmediato en todas as parroquias. Ademais, o que se merecen os veciños do rural son uns servizos como mínimo á mesma altura que o resto da cidade. Hoxe, o transporte público, algo que é fundamental, pois non chega a moitas das parroquias. Nós o que estamos propoñendo é un servizo de taxi a demanda, a través dun convenio co colectivo de taxis, no que os veciños do rural que non teñan servizo de transporte público, pola falta de eficacia dos actuales gobernantes poidan ter un transporte público digno.

 Unha das preocupacións do rural é o plan especial de Lavacolla, San Marcos. Cal é a postura do PP neste sentido?

 Aquí tamén somos moi claros e contundentes. Imos a parar, a revogar a tramitación desta modificación do plan especial. En primeiro lugar porque non é transparente, porque non houbo diálogo e porque non está pensando nos intereses dos veciños. A partir de aí, iniciaremos un proceso de transparencia, de diálogo, para chegar ao mellor obxectivo. Pero gustaríame insistir en que paralizaremos a modificación do plan especial, porque prexudica gravemente aos cidadáns das zonas afectadas.

 

Se son Alcalde traballarei con todas as administracións, independentemente da cor que teñan

Pedro Sánchez acaba de anunciar poñer a disposición da cidadanía 44000 vivendas do Sareb. Entendemos que vostede ten un plan propio para vivenda?

 O Concello ten que participar na solución do gravísimo problema de vivenda que hai en Santiago. Nós estamos propoñendo medidas concretas, medidas específicas que se poderían poñer en marcha nos primeiros meses de mandato. En primeiro lugar, transformaremos os locais comerciais en vivendas, naquelas zonas nas que exista acumulación de baixos abandonados durante moito tempo. Comezaremos polo barrio de Conxo. En segundo lugar, un bono vivenda: sería o Concello o que alugaría os pisos baleiros dos propietarios que queiran sumarse a esta bolsa de vivenda. E o Concello abonaría desde o primeiro minuto este alugueiro ao propietario. E toda esa bolsa de vivendas poñeríase a disposición da xente nova, das parellas que queiran independizarse, das persoas maiores, dependentes… Pero hai que darlle esa seguridade ao propietario para que inclúa a súa vivenda nesta bolsa. Santiago é a cidade que ten a porcentaxe máis alta de vivendas baleiras, segundo o último Atlas Urbano de Sostenibilidade.

 Hai anos que o casco histórico está colapsado por asuntos moi vencellados aos peregrinos. O PP de Santiago ten algún plan especial para o casco histórico?

 Nós o que queremos é que os veciños, que os cidadáns, volvan ao casco histórico. Queremos un casco histórico con familias, un casco histórico con rapaces nas rúas, un casco histórico co noso comercio. A día de hoxe, o casco histórico está nunha situación de emerxencia, e o que necesita son medidas moi contundentes e unha auténtica rexeneración. E para iso, o que propoñemos é permitir a división das vivendas dos grandes edificios en apartamentos máis pequenos; facilitar a rehabilitación das reformas interiores dos pisos con materiais actuais, e en definitiva facilitarlle a vida aos veciños. Non se pode pedirlle á xente que volva ao casco histórico se non lle permites que as casas teñan estándares de calidade do século XXI. E para iso hai que tomar medidas valientes e reactualizar, incluso, o mesmo concepto de protección.

Ninguén cre que o alcalde non soubese nada sobre o “Caso Pichel” xa que el mesmo di que non se move un bolígrafo no Concello sen que el o saiba

 Nos límites do casco histórico atópase a Casa da Xuventude, que teñen previsto vostedes para esta polémica edificación se gobernan o vindeiro 28 de maio?

 Se temos a confianza dos cidadáns e gobernamos a partir do 1 de xuño, este mesmo 2023 iniciarase o derribo da Casa da Xuventude. Temos un proxecto testado e avaliado que poderiamos poñer en marcha nos primeiros días de mandato. Para nós ten moito máis valor o espazo que recuperamos que o edificio administrativo. O parque de Belvís necesita abrirse á cidade, e se gobernamos será unha das primeiras cuestións que poñeremos en marcha.

Candidato do PP a alcaldía de Compostela, Borja Verea
Candidato do PP a alcaldía de Compostela, Borja Verea

 Rematou o Xacobeo, e agora hai un longo impás ata o seguinte. Nesta época de transición como vai a ser a cultura en Compostela?

 Santiago ten que ter a súa propia política de cultura, e a súa propia política de turismo, non pode seguir facendo seguidismo da Xunta de Galicia. Esta estratexia, cultural e turística, ten que apostar polos axentes locais, en dúas vertentes, tanto os artistas locais como os propios programadores. Costituiremos un foro de axentes locais para deseñar esta estratexia que terá dous requisitos fundamentais. En primeiro lugar, apostar por formatos medios, non por cantidade senon por calidade. Formatos medios que teñen que estar integrados no contexto urbano, aproveitar toda a nosa cidade para poñer en marcha estes programas culturais, o que serviría ademais de dinamizador do comercio e da propia hostelería. E, en segundo lugar algo moi importante que sería a caledarización. Temos produtos moi bos que se están solapando, e que temos que mellorar todavía máis e telos perfectamente calendarizados. E todo istio, nunha axenda cultural que sexa coñecida, polo tanto cando un veciño o un visitante queira saber o que está acontecendo en Santiago no edio cultural o poida saber rapidamente apertando un botón. Porque algo tan sinxelo como iso non existe hoxe en Santiago.

Se temos a confianza dos cidadáns, e gobernamos a partires do 1 de Xuñ, este 2023 derrubaremos a Casa da Xuventude

Entendo que a cultura é como unha industria que xera riqueza, emprego… Unha das propostas do seu programa é revitalizar a industria da cidade, pode concretar o que se vai facer neste eido?

Un dos grandes retos de Compostela é deixar atrás esa visión dunha cidade de funcionarios e turistas, e pasar a ser unha cidade industrial e da innovación, e contamos con todos os ingredientes: temos ciencia e coñecemento coas universidades cos centros de investigación; temos centralidade e conectividade, e temos algo que é unico, a nosa marca que abre calqueira porta. E para iso, propoñemos medidas concretas para avanzar cara a esa Compostela da innovación, cara ese Santiago industrial. Entre as medidas está a creación dun fondo de investimento de capital risco público que serviría para aqueles proxectos que xeren valor engadido na nosa cidade. Ou a creación da oficina Compostela Inviste para atender a todas aqueles que decidan apostar pola nosa cidade e facilitarlles a chegada a Santiago.

A cidade conta cunha alta porcentaxe de poboación de personas maiores de 60 anos, que propostas plantexan para este sector tan importante da veciñanza compostelá?

Anunciamos xa as medidas para os maiores de Santiago, máis concretamente para os maiores de 60 anos. Queremos ser un Santiago referente. Cando eu falo dun Santiago máis amable, máis humano, refírome precisamente a estas cuestións. Imos crear unha tarxeta sénior, coa que os maiores de 60 anos terán unha serie de beneficios: poderán aparcar de balde en toda a cidade, e nas zonas azuis, terán prazas reservadas nas zonas máis frecuentadas polos maiores como as farmacias, as oficinas municipais…; tamén terán unha serie de bonificacións para todos os servizos municipais, e por suposto seguirán tendo o transporte público gratuíto.

 

Se no 2027 presentome á reelección, presentarei unha folla de servizos realizados, non farei promesas nin licitarei os contratos máis importantes no tempo de desconto como fan os malos estudantes

Un dos seus proxectos de máis sona é a construción da Cidade do Fútbol, en que se basea esta iniciativa, é realmente necesaria?

Santiago leva moitos anos de retraso en todo o que significa o deporte. O deporte vai a ser para min unha auténtica prioridade. A sociedade compostelana de 2023 ten unha relación do deporte coa saúde que non ten nada que ver con hai 40 anos, necesitamos actualizar todas as instalacións, mellorar todos os recintos, pero tamén volver a ser un referente. Hai unha gran necesidade de instalacións, e máis concretamente de campos de fútbol porque temos, por exemplo, as mesmas instalacións de fútbol que o concello da Estrada. Fan falta como mínimo dous campos de fútbol, e se son alcalde farémolos xuntos na Cidade Deportiva de San Lázaro, porque cremos que é máis económico e máis eficiente e teriamos uns estándares da media. A partir de aí, esta Cidade Deportiva terá tamén un edificio multiusos con ximnasio, pistas deportivas… En todo caso, a aposta polo deporte vai máis alá desta Cidade Deportiva, actualizaremos toda a área deportiva para levala ao nivel do século XXI.

A cidade ten ao Obradoiro na ACB ou á SD Compostela que está para ascender a Primeira Federación, pero tamén conta con clubes como o Arteal de tenis de mesa que está en División de Honor e que non ten tanta visibilidade nin tanto apoio. Tedes proxectado algún tipo de atención especial para estes clubes de deportes minoritarios?

Por suposto, neste meses falei con todos os clubes deportivos da cidade, e o que máis botan en falta é algo tan sinxelo como unha interlocución co propio Concello e axilidade na xestión das axudas. Nós imos incrementar as axudas e van ser axudas áxiles, e sobretodo, nesta reformulación da area deportiva, teremos unha atención especial para o deporte base, que non é só competición, é tamén educación e un xeito de contruír cidade.

O alcalde anunciou antes de rematar o 2022 anunciou o inicio da reparación das pistas de tenis municipais de Cancelas, e que en tres meses estarían a disposición da veciñanza, máis as obras aínda non comezaron. Pode facer unha valoración?

O que están a ver todos os cidadáns de Compostela é un chorreo de anuncios que representan as miserias das urxencias electorais. Creo que o propio goberno actual está a retratarse: catro anos sen facer absolutamente nada, un candidato sen gañas de ser candidato e que se adica a facer anuncios que logo non cumpre, e non sei se definilo como cómico ou triste, pero en todo caso estou convencido de que a xente quere un novo goberno en Santiago e agardo que confien en min para ser o alcade a partir de xuño.

Os socialistas falan moitas veces do apoio da Deputación e da falta de apoio da Xunta con moitos concellos, e máis concretamente con Santiago. Quen aposta máis pola cidade, a Xunta ou a Deputación?

Creo que o primeiro que ten que apostar pola cidade é o seu principal representante, o alcalde, e a partir de aí aunar todas as vontades, traballar con todas as admistracións, e conseguir o maior número de recursos para Santiago. Botarlle a culpa a unha ou otra administración non é o meu estilo. Se son alcalde traballerei con todas as administracións, independentemente da cor que teñan, co obxectivo de contruír unha cidade mellor.

Como valora a xestión que fai o Concello nos pagos a proveedores?

É un indicador moi claro dese colapso administrativo no que está sumido o Concello. Porque tendo a maior cantidade de recursos públicos que tivo o Concello na súa historia, nunca tantos impostos cobrou como ata agora, e aínda sí ten os peores datos pagos, os peores datos de execución, os peores datos de contratación, polo que non está a usar os cartos dos veciños para mellorar a vida dos veciños. É un problema de xestión.

Se vostede fora alcalde, presentaría a licitación do transporte urbano o último mes antes das eleccións?

Se no 2027 preséntome á reelección como alcalde, o que farei será presentar unha folla de servizos realizados, e non facer promesas ou licitar os contratos máis importantes da cidade no tempo de desconto como fan os malos estudantes. É o mellor retrato dun goberno completamente esgotado e fóra da realidade.

Xerouse unha polémica pola creación do Conservatorio Profesional de Danza na cidade. Cal é a súa valoración ao respecto?

O que me comprometín cos representantes da plataforma do conservatorio de danza é a traballar, para que Santiago foxe o referente e se levara adiante o novo conservatorio profesional. E tamén me comprometín con eles a traballar coa Xunta de Galicia para cambiar un criterio que non mudou desde o ano 2003. No Parlamento tiñamos a posibilidade de ter un acordo por unanimidade, historico, no que a Xunta, despois de 20 anos, abríase a valorar a posibilidade de crear un conservatorio profesional de danza fóra da cidade de Lugo, máis nin o partido socialista nin o BNG, entendo que polas urxencias electorais, non quixeron apoiar ese acordo. A partir de aí, eu manteñome na miña palabra, defenderei un novo conservatorio de danza como principal representante do partido en Compostela, e por suposto como alcalde seguirei traballando para que a Xunta de Galicia leve a cabo esa iniciativa.