Martes. 30.04.2024

O persoal do distrito forestal III Santiago-Meseta Interior realizou no primeiro trimestre deste ano traballos preventivos en 40 hectáreas para reducir o risco de incendios. Máis en concreto, consistiu na roza mecanizada de 30 hectáreas e manual das 10 hectáreas restantes, en áreas cortalumes e faixas auxiliares de pistas. Así, estes labores forman parte do programa de prevención da Consellería do Medio Rural, xestionados a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

A maiores, o persoal deste distrito forestal tamén levou a cabo actuacións relacionadas con 40 puntos de auga e realizaron labores de mantemento en máis de 15 quilómetros de pistas forestais. Ademais, no que vai de ano, tamén participaron en seis accións divulgativas en centros escolares e grupos locais.

No pasado 2023, os traballadores deste distrito completaron a roza mecanizada de 180 hectáreas, a roza manual doutras 40 hectáreas e melloraron 300 puntos de auga. A maiores, realizaron o mantemento de 24 quilómetros de pistas forestais e ofreceron 15 charlas divulgativas en centros escolares e grupos locais.