Sábado. 27.07.2024

O Concello de Narón pechará o prazo de inscripción para os Campamentos de Semana Santa que terán lugar os vindeiros días 11,12,13 e 18 de abril e para os que se ofertan un total de 30 prazas, o vindeiro venres 25 de marzo ás 13.30 horas. A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que a iniciativa está dirixida a rapaces de 3 a 12 anos de idade e que estén empadroados ou escolarizados en Narón. 

O horario do Campamento desenvolverase entras as 09.00 e as 14.00 horas. Para facilitar a conciliación, tamén haberá servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 horas, e de acompañamento ata a recollida ao mediodía da rapazada, de 14.00 a 15.00 horas.

"É unha proposta de balde na que se levarán a cabo unha variedade de actividades adaptadas a cada idade e no que se reforzarán os contidos educativos transversais que incidan na educación para a paz e a no violencia, a igualdade de xénero, a diversidade, o coidado medioambiental...", explicou a concelleira.

Todos os interesados en participar neste Campamento de Semana Santa teñen de prazo ata o vindeiro venres 25 de marzo ás 13.30 horas, e deberán facelo a través do Rexistro Municipal ou da Sede Electrónica de Narón onde tamén está dispoñible toda a información. As prazas adxudicaranse por sorteo e ralizarase unha lista de agarda  unha vez cubertas as 30 prazas ofertadas. A listaxe se publicá na web do Concello de Narón.