Xoves. 25.04.2024

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Cabanas acolleu a representación teatral Que animaliño é?, da compañía Trémola Teatro. Un espectáculo infantil e cun importante compoñente sensorial que permite aos máis cativos aprender e xogar cos animais en galego a través do teatro.

Unha actividade, dirixida a crizanzas a partir de 6 meses, que se desenvolve baixo a organización do Servizo de Normalización Lingüística e que o Concello de Cabanas comparte cos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño, onde tamén se representará a obra no que resta de marzo e en abril. 

Que animaliño é? conta a historia dunha nena, chamada Paula, que recibe unha caixa máxica da que saen moitos animais dos que aprende e descobre un montón de cousas novas. As súas protagonistas, creadoras e impulsoras desta obra son Paula Regueiro e Lucía L. Golán. 

O Servizo de Normalización Lingüística tamén puxo en marcha o espazo web BEBeGAL no que se inclúen recursos para os máis cativos da casa, centrados nos animais e todo o que se pode aprender deles, da natureza e da música.