Venres. 31.03.2023
Aumentar a visibilidade e a cooperación, entre os obxectivos

Apróbase o Plan Estratéxico da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Reunión en Compostela da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago
Reunión en Compostela da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo e delegado do Ano Santo do Concello compostelano, Sindo Ginarte, asistiu o 7 de outubro á reunión da comisión executiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), e na que se aprobou o Plan Estratéxico da entidade, que foi presentado pola nova secretaría técnica que desempeña a Fundación Santa María La Real.

Os principais obxectivos que márcase este plan son os de aumentar a visibilidade da asociación, seguir crecendo no eido da cooperación entre os concellos da ruta xacobea, incrementar os recurso da asociación e realizar e poñer en marcha iniciativas no ámbito medioambiental do Camiño de Santiago.

Durante a reunión tamén falouse sobre a axenda de traballo, do plan de comunicación e abordouse a reforma dos estatutos da asociación, para o cal constituíuse unha comisión da que forma parte Ginarte. Ademais, púsoxe sobre a mesa, a posibilidade de crear unha agrupación de cooperación territorial europea con ACIR Compostelle, e coa Federación Francesa de Asociacións des Camiños de Santiago.

Tamén informouse aos asistentes ao encontro sobre os proxectos que están en marcha, sobre a organización o vindeiro día 4 de novembro en Santiago dunha reunión do Comité Científico da AMCS, e os días 5 e 6 levaraxe a cabo unha xuntaza dos alcaldes e alcaldesas da asociación, que tamén participarán nunha ofrenda na Catedral e nunha recepción por parte do alcalde compostelano, Xosé Sánchez Bugallo.

Enrique Maya Miranda, presidente de AMCS, e o seu homólogo na Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago, Jorge Martínez-Cava, asinaron un acordo mediante o cal abren a porta á futuras colaboracións centradas principalmente na celebración de  eventos culturais e o intercambio de experiencias en torno ao Camiño de Santiago.

AMCS é unha entidade sen ánimo de lucro integrada polos concellos do Camiño Francés. Naceu para contribuír á xestión e promoción da ruta xacobea. Fundouse no ano 2015 en Burgos, aínda que xa no 2011, asinouse un protocolo para a súa constitución.

comentarios