Sábado. 27.04.2024

A Asociación Cultural Gazafellos do Val, no concello de Negreira, co apoio da Deputación da Coruña, vén de convocar a terceira edición do Certame Letras Gazafellas de poesía e relato curto 2024, e que está dirixido ao estudantado, por unha parte, da categoría infantil (de 3º a 6º de primaria) e por outra da categoría xuvenil (ESO, Bacherelato e FP) e cuxos gañadores recibirán como premio un vale de 60 euros para gastar na Libraría Remuíño, e 60 euros en metálico, respectivamente.

O prazo de admisión de orixinais finaliza o 1 de maio e a presentación dos mesmos farase preferentemente ao enderezo electrónico [email protected], entregarse presencialmente na asociación ou enviala por correo postal á Avenida das Brañas, número 6, Negreira.

Os traballos de poesía, que deben ser orixinais e non ter sido editados en ningún momento, deben ter unha extensión máxima dunha páxina, mentres que as de relato curto non deben superar as cinco páxinas.