Sábado. 27.07.2024

Dende o venres día 1 de decembro e ata o vindeiro 7 de xaneiro, xa se pode visitar o Belén da Sociedade Cultural O Tilo, no Concello de Ares, un dos máis destacados de toda a comunidade galega, e que celebrou o seu acto de inauguración no que participaron a presidenta da sociedade cultural, Mar Bujones, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, a de Turismo, Lucía Blanco, así como outros integrantes do Tilo.

O Belén da SC O Tilo conta cunha tradición de máis de 25 anos, e no ano 2022 foi incluído na guía de Beléns de Interese Turístico de Galicia. Na actualidade ocupa unha área de 50 metros cadrados cunhas 300 figuras de barro lienzado de diferentes tamaños (algunhas superán os 20 centímetros), 40 delas son móbiles e, como é tradición, toda a decoración do Belén está feita con materiais naturais.

O Belén do Tilo está instalado na sede da entidade, no número 182 da rúa María de Ares, na esquina coa avenida de Federico García Expósito, e pódese visitar das 16:30 ás 20:00 horas de luns a domingos. Nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro, así como nas do 1, 5 e 6 de xaneiro, o Belén non estará aberto ao público. Tamén existe a posibilidade de realizar visitas concertadas, principalmente dirixidas a grupos, que se poden reservar a través do número de teléfono 669 404 425 ou enviando un correo a [email protected] en horario de mañá.

Representates da Sociedade Cultural O Tilo e do Concello de Ares durante na inauguración do Belén
Representates da Sociedade Cultural O Tilo e do Concello de Ares durante na inauguración do Belén