Venres. 26.04.2024

A Xunta de Cofrarías compostelana e o Concello asinaron o pasado 6 de outubro un convenio de colaboración que permitirá sufragar as actividades de promoción levadas a cabo durante a Semana Santa de 2022. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta de Cofrarías, José Ramón Muñiz, foron os encargados de pechar o acordo no pazo de Raxoi.

Ademais, en base ao convenio, o Concello subvencionará con 3.000 euros o financiamento das actividades de publicidade e promoción desenvolvidas pola Xunta de Cofrarías e que favoreceron a difusión da Semana Santa de Santiago como manifestación cultural e popular que xera gran atractivo turístico para a capital de Galicia, permitindo a súa dinamización.

Sánchez Bugallo reiterou o apoio total do Concello ao labor desenvolvida pola Xunta de Cofrarías, e agradeceulle o esfrozo e a aposta pola recuperación da Semana Santa Compostelana que comezou nos anos 90 trala súa decadencia nos anos 70.

Co acordo, ambas institucións mostran unha vez máis o seu interese común por garantir a organización de actos e actividades durante este periodo, que ademais contribúen á promoción turística da Semana Santa compostelana, que conta coa denominación de Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2017.