Sábado. 27.04.2024

A concelleira de Benestar Social de Narón, Catalina García, vén de anunciar a apertura do prazo para presentar os traballos para o concurso de relatos e para participar nun certame de fotografía, organizados polo Concello e que contan coa colaboración de Acción Familiar Ferrol (AFA). Ambas iniciativas convócanse para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano o vindeiro 8 de abril, e buscan sensibilizar e "dar visibilidade ao pobo xitano, así como erradicar os prexuízos que existen aínda a día de hoxe", indicou García durante a presentación.

O IV Concurso de Relatos Curtos, Cóntanos o teu conto do pobo xitano, está dirixido ao alumnado de quinto e sexto de Primaria dos centros educativos da cidade, e conta coa colavoración de AFA Ferrol e coa xoguetería Din&Don. O tema de este ano, e que terán que abordar os participantes, será a interculturalidade e comunidade xitana, e o prazo límite para entregar os traballos será o 25 de marzo que recolleráos persoal da AFA. O día 28 de marzo, o xurado anunciará os tres gañadores do certame.

O Concello tambén convocou a toda a cidadanía a participar nesta xornada de homenaxe ao pobo xitano enviando unha fotografía de retrato cunha frase como por exemplo Stop Racismo. Os interesados en tomar parte nesta iniciativa deberán enviar as súas imaxes ao correo [email protected] asinando a autorización de dereitos de imaxe e protección de datos que se pode descargar na web www.naron.es ou solicitala ao mesmo correo electrónico. O obxectivo e a creación dun vídeo que se publicará nas redes sociais do Cencello de Narón a semana do 8 de abril baixo o cancelo #Narónencaló.