Sábado. 24.02.2024

O pasado 1 de decembro, o salón de plenos do Concello de Padrón agradeceron a gran resposta das empresas, centros educativos e veciñanza que contriubíron coas súas doazóns á campaña para levar axuda humanitaria ao Sáhara, e cuxa delegación padronesa partiu esta mesma semana para facer entrega da mesma. 

O alcalde Anxo Arca, xunto coas concelleiras de Urbanismo, Ana Belén Castro: de Participación Cidadá, Laura Horta, e de Servizos Sociais e Voluntariado, Mariló Saco amosaron a súa satisfacción pola gran resposta do tecido social da vila á hora de colaborar nesta importante iniciativa.

A delgación padronesa coa axuda humanitaria partiu cara ao Sáhara o pasado día 5 de decembro e retornará o vindeiro día 10 co obxectivo de brindar apoio ao pobo saharaui ante as necesidades críticas ás que se enfronta a rexión, espcialmente dende o Covid-19, cando moitos dos campamentos de refuxiados perderon estrutura de axuda debido á pandemia e a imposibilidade de contar con transportes.

O envío inclúe subministros esenciais como alimentos non perecedoiros e artigos de primeira necesidade como leite para os máis pequenos ou material educativo, e mesmo doces co obxectivo de aliviar as dificultades que enfronta a poboación saharauí. A situación de extrema gravidade que padecen os campamentos de refuxiados fixo especialmente necesario o envío de medicamentos tan básicos como os ibuprofenos dos que carecen os hospitais.

O envío de material reflicte o compromiso do goberno local de Padrón cos principios humanitarios e a solidariedade internacional. Ademais de proporcionar asistencia tanxible, a iniciativa busca tamén sensibilizar á veciñanza padronesa sobre a situación no Sáhara e fomentar o compromiso con causas solidarias.