11:31 do 19 de outubro de 2022
O pasado 8 de outubro, o edificio de usos múltiples de Curtis, acolleu o acto de nomeamento da artista, escritora e poetisa Ánxeles Pena como embaixadora do concello, nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, así como co alcalde, Javier Cainzos.

Esta é a máxima distinción que otorga o Concello de Curtis a “aqueles veciños que son un exemplo de valores e que levan o nome de Curtis con orgullo”, incidiu o rexedor nun acto moi emotivo que contou cos familiares e amigos da artista, ademais de numerosos veciños.