Mércores. 08.05.2024

Os concellos da bisbarra Rois, Ames, A Baña, Negreira, Santiago e Teo, así como os do Grove, Moaña; Rianxo, Ribadeo e Pontevedra, as universidades da Coruña, Santiago e Vigo e as deputacións, anunciaron o 27 de setembro nun acto en Pontevedra, a apertura do prazo de inscrición para participar na sexta edición dos Premios Youtubeiras 2022.

Éste, remata o vindeiro 15 de novembro e os gañadores repartiranse un total de 7.500 euros en premios nas diferentes categorías: mellor canle, mellor youtubeiro/a, mellor vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e premio do público. Nesta nova edición engádese unha nova categoría: youtubeiro/a revelación. A cuantía de cada premio é de 1.000 euros por categoría, agás o do público que ten unha dotación de 500 euros. Poden optar os galardóns todas as persoas maiores de 14 anos con canles en Youtube autoproducidas en lingua galega.

As canles que se presenten deben ter como mínimo un vídeo subido a partir do 22 de outubro de 2021 co cancelo #youtubeiras, non ter restricións de privacidade e todo o contido debe estar en galego, aínda que pode conter subtítulos de activación opcional noutras linguas. A diferenza do ano pasado, nesta ocación, volverán admitirse vídeos de persoas que só teñan un traballo publicado. 

O obxectivo dos Premios Youtubeiras é o de ser o acicate para a creación de contidos no Youtube en galego con temáticas e diferentes formatos, así como o de fomentar e visibilizar os diferentes perfís dos creadores en galego na rede. Toda a información e as bases desta sexta edición pódense consultar en www.youtubeiras.gal.