Venres. 26.04.2024

O Concello de San Sadurniño pechou a recuperación da Feira da Plantación, na súa XXV edición e que superou todas as expectativas, sen que a incerteza do tempo e o traslado do seu emprazamento foran un hándicap, xa que á feira "acudiu moitísima xente e público e realizáronse boísimas" vendas ao longo de toda a xornada, según informou o concello. 

Ao final, a nova localización foi tamén un acerto, xa que fíxose co obxectivo de sacar a feira do centro urbano para facilitar a loxística da súa organización e darlle un lugar para seguir medrando e que xa pedía a feira desde hai anos. Tanto expositores como público concordaron en que foi un cambio moi positivo, polo que o Concello vai manter este emprazamento de xeito definitivo.

Según as prantas repartidas de balde polo Concello con uns 15.000 pés variados en bolsiñas de catro exemplares cada unha (3.750), que aínda que no reflicten o número total de asistentes, xa que non todos recollen as bolsiñas, ao remate da xornada superáronse as cifras doutros anos da feira que ademáis contou con postos de comida ou obradoiros para todos os asistentes.

CURSOS DE FRUTICULTURA E APICULTURA

O Concello de San Sadurniño, vén de programar tamén os cursos de fruticultura e apicultura que organiza en colaboración coa AGFA do Eume e a Casa do Mel que ofrecen aos asistentes formación técnica sobre ambas especialidades. Serán dous cursos, un sobre os traballos a realizar nesta época do ano nas árbores froiteiras (21 e 28 de maio e 4 e 11 de xuño), e outro que se centrará ao longo de cinco xornadas en cuestións avanzadas dobre o coidado das abellas (30 abril, 1, 7, 8 e 19 de maio). Os interesados poden inscribirse ou solicitar máis información a través do teléfono 616 332 919 ou no correo [email protected].