Venres. 29.03.2024

O BNG levará ao Parlamento galego unha batería de axudas e medidas para que a Xunta de Galicia se faga cargo da “rehabilitación e recuperación para usos públicos" do mosteiro de Santa María de Monfero.

“Un tesouro patrimonial e histórico situado nunha zona de gran beleza e valor desde o punto de vista natural, que debería ser obxecto de introdución nas campañas e itinerarios turísticos da Xunta”, indicaron os voceiros de Turismo, Cultura e Patrimonio do BNG no Parlamento galego durante a súa visita ao concello, ao mosteiro e as súa contorna para coñecer a situación e o estado do mesmo de primeira man.