Sábado. 27.07.2024

O alcalde, Juan Domingo de Deus, presentou o pasado xoves 2 de xuño o primeiro escudo e a bandeira oficiais da Real Vila de Mugardos trala aprobación dos memos por parte do pleno municipal e con informe favorable da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia. Unha iniciativa que o Concello iniciou hai meses para dotar á vila duns símbolos municipais propios.

O novo escudo da Real Vila de Mugardos

A proposta finalmente aprobada para o blasonamiento foi o azur (azul), unha estrela de oito puntas de ouro (amarelo) no centro e acompañada de dúas coroas abertas da mesma cor dispostas verticalmente, e baixo unha coroa principal. A decisión tomouse despois de que a Comisión Heráldica asesorara e fixera unha serie de recomendacións ao Concello, baseandose nos documentos históricos dos simbolos empregados no século XIX na localidade mugardesa.

A bandeira da Real Vila de Mugardos

Ademais, a Comisión, en función dos criterios aplicados aos concellos da comunidade, cuxa finalidade é evitar que existan disparidades innecesarias entre os seus símbolos, propuxo que a futura bandeira municipal do concello de Mugardos se organice respetando a seguinte descripción: "O pano amarelo e, ao centro, franxa vertical de azul, de dous terzos de ancho, coa estrela en amarelo, acompañado no alto e baixo de senllas coroas abertas na súa cor natural".