Venres. 26.04.2024

O pasado luns 30 de maio, o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, reuniuse co delegado do Goberno, José Miñones, para solicitarlle o apoio do Executivo na consevación, mellora e mantemento do castelo de Naraío e do convento do Rosario, ademáis de abordar outras cuestións de importancia para o patrimonio e a localidade de Ferrolterra.

Para o castelo de Naraío, o Concello solicitou financiación para iniciar unha fase de posta en valor e consolidación desta fortaleza da idade media, vencellada á familia Andrade, e que é unha das principais atraccións turísticas do municipio, que busca a implicación do Estado nun proxecto que permita continuar coas escavacións do perímetro dos muros, e a construción dun sendeiro que favoreza percorrer todo o castelo pola súa parte más baixa.

O delegado do Goberno mostrou o seu interese e anounciou o seu apoio para acceder ás axudas do 2% cultural que se van convocar en que están destinadas á consevación do patrimonio declarado Ben de Interese Cultural (BIC) tal e como é o castelo de Naraío.

Ademáis, o alcalde de San Sadurniño trasladou a José Miñones tamén a solicitude de axuda para a conservación do patrimonio do municipio como acometer as reparacións da cuberta da antiga Casa do Concello que forma parte do conxunto do Convento do Rosario. Aínda que hai anos o bispado e a Xunta relaizaran traballos de conservación nalgunhas estancias do edificio, a ala leste e norte, onde estaban as dependencias da Garda Civil, precisa desde hai tempo reparacións urxentes na súa cuberta ademais do illamento. A intención do Concello é chegar a un acordo co Ministerio de Interior para que asuma parte dos custes destas reparacións.