Sábado. 27.07.2024

O PP de Melide di que “vimos de escoitar as demandas dos pais e nais do Conservatorio de Musica Municipal da asignatura de guitarra que levan case un mes sen clase a pesar de ter pagada a matrícula polo curso académico completo”. Os populares fan fincapé en que “o alumnado de guitarra non recibiu nin unha sola explicación de porqué non hai clase, cando se reanudarán ou cal é o motivo polo cal a modalidade de libre non recibe a súa media hora individual e se fan clases conxuntas”.

Dende o PP reclaman “transparencia na xestión dos servizos públicos municipais, solicitarán as explicacións oportunas ao goberno Pérez-Prado e demandarán a devolución proporcional da matrícula recordando que o Conservatorio é unha ensinanza regrada e supervisada pola Consellería de Educación”.