Venres. 26.04.2024

A exposición A cuadratura do círculo do artista ferrolán Eduardo Hermida superou todas as espectativas, e ás tres semanas da súa inauguración (11 de febreiro) xa recibira preto das 650 visitas no centro municipal Torrente Ballester de Ferrol. Unha mostra que inclúe un total de 110 obras do artista entre esculturas, pinturas ou fotografías.

Eduardo Hermida, (Ferrol, 1965) estudou debuxo publicitario na escola de artes Pablo Picasso da Coruña. Foi profesor de escaparatismo durante seis anos traballando para a Federacion Galega de Comercio. Na actualidade é profesor de debuxo e pintura na Asociacion Artística A Estrela. Cunha ampla obra que vai desde a pintura á fotografía, Hermida é ademáis o promotor do Festival Meninas de Canido, e neste sentido na mostra pódese ver un documental sobre o representativo festival que se celebra neste barrio ferrolán. 

"A cidade está en débeda con Eduardo Hermida", asegurou o alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato, durante a presentación da mostra o pasado 11 de febreiro, e engadiu que isto é así  polo carácter "polifacético e inquedo" do artista que levou máis alá das fronteiras á cidade co Festival Meninas de Canido, e que esta exposición é unha mostra máis da calidade dos súa obra.

A exposición A cuadratura do círculo está aberta ao público ata o vindeiro 27 de abril, en horario de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Os domingos e festivos só abrirá polas mañás.