Martes. 19.03.2024

O Concello de Cedeira anuciou o pasado día 2 de marzo que a vila xa forma parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, sociedade creada pola Secretaría de Estado de Turismo para promocionar a mellor xestión, planificación e imaxe dos recursos a través dunha estratexia baseada na innovación, a tecnoloxía, a accesibilidade e a sostenibilidade.

"A rede constitúe un nexo de unión entre o sector turístico público e o privado, e representa un espazo no que atopar ferramentas para mellorar a competitividade de Cedeira como destino turístico", indicou o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda, durante o anuncio da adhesión á Rede DTI que acaba de cumplir tres anos de existencia, e da que forman parte 483 destinos, 63 institucións e 89 empresas colaboradoras.

Entre as actividades que desenvolve a Rede están as de formación, a publicación de manuais e guías de boas prácticas para a xestión turística ou sobre a dixitalización ou a creación de páxinas web.