Domingo. 28.04.2024

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) rematou, o pasado xoves 7 de decembro, cun concerto no Auditorio de Galicia en Compostela, o proceso de selección do novo director asistente para o ano 2024. Os catro candidatos dirixiron a orquestra nun concerto aberto ao público, ante un xurado conformado polo director principal e artístico da RFG, Baldur Brönnimann; a directora técnica, Sabela García, e James Dahlgren, concertino da orquestra. 

Antes de anunciar o nome do gañador, o xurado destacou o gran nivel amosado polos catro candidatos: María Camila Barbosa, Bertan Gerard, Constança Simas e Sebastián Zinca.

Ao longo da semana os catro candidatos desenvolveron varios ensaios das obras que logo tiveron que dirixir: Dumbarton Oaks de Igos Stravinski; Schattenhaft de Hugo Gómez-Chao e Sinfonía num. 2 en Re Maior, op.36 de Ludwig va Bethoven.

Ao remata do concerto, no que o público asistente tivo tamén a posibilidade de valorar, a través dun código QR, aos candidatos, o xurado anunciou a elección de Sebastian Zinca como nuevo director asistente de la orquesta.

Sebastian Zinca é estadounidense con ascendencia peruana e romanesa. Completou os seus estudos de dirección na Academia Sibelius de Finlandia como alumno de Sakari Oramo. Como parte da súa formación, dirixiu a case todas as orquestras importantes de Finlandia, onde debutou como director invitado coa Orquestra Sinfónica de Oulu. No ano 2021 recibiu a medalla de prata no Terceiro Concurso Internacional de Dirección Antal Doráti de Budapest (Hungría).

Ademais, Sebastián Zinca foi bolseiro de dirección na Academia do Festival de Lucerna, onde traballou durante tres semanas de forma intensiva en música contemporánea, e no Festival de Música de Aspen. 
Tamén actuou con orquestras de países como os Estados Unidos, Finlandia, Alemaña, Hungría, Romanía, España, Italia e a República Checa.