Sábado. 24.02.2024

Un grupo de rapaces do Concello de Touro desfrutaron, do 21 ao 28 de agosto, do Campamento de Verán 2022 e que se desenvolveu na illa pontevedresa de Ons, no campamento xuvenil que ten o seu enclave no Parque Natural das Illas Atlánticas. A rapazada desfrutou durante estes días coas actividades e xogos no campamento, así como das praias da illa.