Sábado. 24.02.2024

Xa están acabadas as obras do local social da Balía en Leira, que consistiron no acondicionamento interior deste lugar cun orzamento total de 48.368,423 euros. Trátase dun proxecto senlleiro que promoverá a posta en valor da vida social, cultural e educativa da Comarca.

Local social de Balía
Local social de Balía

 

Será un novo espazo, adecentado que poderá ser utilizado pola veciñanza para realizar actividades que incrementen a calidade de vida das xentes do lugar, primando a interactuación entre as persoas para gozar dun tempo libre e de ocio de calidade. 

Local social de Balía
Local social de Balía