Venres. 26.04.2024
Cultura

O pregón de Pepa Antón da o inicio á Semana Santa de Ferrol

Galería de imaxes (Autor: Roberto Marín) do acto do pregón de Pepa Antón, organizado pola Xunta Xeral de Cofrarías de Ferrol e que deu inicio á programación e actos da Semana Santa da cidade departamental. Antón emocionou aos asistentes facendo un percorrido polas procesións máis emblemáticas da cidade. Ademáis, a Xunta de Cofrarías tamén entregou a súa Medalla de Ouro á Xunta do Tercio Norte de Infantería de Marina, e que recolleu o coronel José María Sánz Aliseda, nuns actos nos que tamén estivo presente o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o bismo Monseñor Fernando García.

Tamén, durante a xornada, tanto o coronel como a pregoeira asinaron no Libro de Honra da Xunta de Cofrarías, nun encontro no que tamén interveu o presidente da mesma, César Carreño.

Para rematar, a Unidade de Música do Tercio Norte ofreceu aos asistentes, varias marchas procesionais ligadas á Semana Santa de Ferrol.

O pregón de Pepa Antón da o inicio á Semana Santa de Ferrol