Venres. 19.04.2024

O portavoz dos Partido Popular de Oroso Alex Doval, congratúlase polos orzamentos 2023 da Xunta de Galicia xa que “teñen en conta Oroso e a súa veciñanza”.

O popular destaca que “estes orzamentos investiranse en mellorar os servizos públicos. Estes cartos fan posible que existan 150 prazas de educación infantil para nenos con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, máis de 300.000 euros son achegados para o Servizo de Axuda ao Fogar que beneficia aos veciños de idade máis avanzada, ou a posta en marcha do servizo de atención temperá. Nos orzamentos do ano que vén hai unha partida de 200.000 euros para a dixitalización nos centros educativos”.

Así mesmo, Doval engadiu que “o 75% dos orzamentos autonómicos están dirixidos a cubrir as necesidades sociais; en anos anteriores a Xunta financiou un novo centro de saúde, un centro educativo ou unha nova Galiña Azul para a nosa vila”.