Sábado. 24.02.2024

A Deputación da Coruña publicou no a concesión definitiva do Programa de Servizos Sociais Comunitarios 2022, que suporá un importante investimento de 8,3 millóns de euros para financiar a contratación de 177 profesionais do ámbito social e un total de 386.823 horas de servizo de axuda no fogar nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Nos concellos da comarca de Santiago, a Deputación financiará este ano cun investimento de máis de 1,8 millóns de euros a contratación de 45 profesionais e un total de 82.509 horas de axuda no fogar, “un servizo imprescidible para a atención de maiores e dependentes, especialmente nos concellos rurais, que ademais dá emprego a máis dun centenar de personas na provincia”, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O orzamento dedicado ao Programa de Servizos Sociais Comunitarios incrementouse durante o mandato de Valentín González Formoso de 4 a 8,3 millóns de euros.