Venres. 26.04.2024

Os alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 estiveron facendo traballos de acondicionamento e mantemento do espazo natural de Brandelos, unha área recreativa ubicada na parroquia de Prevediños en Touro.

O proxecto laboral impulsado pola Xunta de Galicia, que forma a 20 desempregados, conta con dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación en mellora de montes e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Os traballos que se fixeron na area recreativa de Brandelos consistiron no desbroce de maleza, na poda das árbores deste espazo, na limpeza da marxe do río Brandelos e a retirada de madeira do cauce do río, na recollida de folla e na limpeza de fontes e outras estructuras.

Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e conta cun orzamento de preto de 350.000 euros.

O 20 alumnos do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021 continuarán facendo nos catro concellos desbroces e acondicionamentos de distintos espazos e camiños municipais. Traballarán na mellora das áreas e viarios públicos, reforzando ao mesmo tempo as tarefas de prevención contra os incendios forestais