Venres. 26.04.2024

O portavoz municipal do BNG en Arzúa, Xoán Xesús Carril, avogou por que se revisen as obras obras realizadas na ruta da Fervenza das Hortas no tramo que vai da Fonte Santa a Maroxo. As choivas da pasada do mes de abril deixaron intransitábel algunha parte desta ruta na que se colocaron lousas de pedra no pavimento. “Trátase dunha zona húmida na que a solución escollida de deixar a pasarela ao mesmo nivel do chan está claro que non foi unha solución acaída” sinalou Carril.

Carril referiuse ao elevado custe destas obras “máis de 22 mil euros gastados neste tramo que vai da Fonte Santa a Maroxo, ademais fica claro que se escolleu un material innecesario para unha ruta deste estilo, moi custoso e inapropiado para o clima que temos aquí” .