Venres. 26.04.2024

O portavoz municipal do BNG de Arzúa, Xoán Xesús Carril, fíxose eco no malestar de moitas veciñas e veciños desde fai meses, usuarios do Clube de xubiladas e xubilados, “ao non reabrirse as instalacións deste espazo, pechado desde fai dous anos por mor da pandemia da COVID-19”, di.

Carril sinalou que “a estas alturas non hai ningunha norma legal que impida que o Concello de  Arzúa poida abrir este espazo, ao igual que os restantes espazos municipais que levan xa meses abertos e cun funcionamento normal, aínda tratándose de espazos con máis afluencia de persoas ca o clube de xubilados” explicou o nacionalista.