Venres. 26.04.2024

Colectores do lixo amarelo e verde levan meses apilados na nave de obras sen unha decisión clara de reforzo do servizo mentres lugares tan estratéxicos como o centro de saúde seguen faltos do servizo ou unha superficie comercial de carácter alimentario continua eivada de poder reciclar os residuos axeitadamente”, sinalan os populares melidenses. “O bipartito de Pérez e de Prado é literalmente un goberno falto de decisións, a innacción é o seu buque insignia” reitera a portavoz popular, Dalia García, quen considera que unha política medioambiental sustentable é fundamental nun concello como Melide onde a pesares de ter colectores estos fican sen “pena nin gloria” na nave de obras dende hai meses mentras os veciños sofren as carencias e pagan máis polo canón a SOGAMA debido a unha mala separación do lixo. “Na anterior lexislatura instaláronse moitas illas cos catro colectores no rural; agora asistimos a unha decadencia progresiva tamén nesta área de goberno” tal e como podemos testemuñar polas fotografías que continuamente podemos sacar dando un paseo pola vila.

Polémica sobre os “novos” colectores de reciclaxe de aceite

O bipartito AM-PSOE vén de anunciar “novos servizos á veciñanza” coa instalación de colectores de recollida de aceite de cociña. Dende o PP instan aos responsables municipais a practicar a “humildade” xa que é algo que parece que esqueceron, xa que recambiar uns colectores por outros non é prestar un novo servizo. “Xa quixeramos que traballasen por instalar o quinto colector ou colector marrón; hai vilas galegas moi próximas a Melide que xa nos gañan en iniciativas mentras en Melide continuamos por un camiño que nos leva a ser os últimos da cola” sinala Garcia.