Venres. 26.04.2024

delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, a zona da antiga fábrica da Telleira, adquirido polo concello para a construción do novo polígono industrial, para anunciar un investimento de 120.000 euros para cofinanciar unha actuación de 150.000 euros. Con este investimento levarase a cabo a mellora a execución dunha planta de tratamento de augas residuais que dará servizo a este parque empresarial.

O representante do Goberno autonómico destacou que “este tipo de actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e mellorar a competitividade dos parques empresariais grazas á mellora das súas infraestruturas e ao impulso da creación de novas empresas que permiten xerar emprego”

Con esta liña, da que se poden conceder anticipos de ata o 25%, preténdese favorecer unha actualización permanente dos parques industriais da Comunidade para dar resposta ás necesidade de infraestruturas, comunicacións ou de adecuación ás novas exixencias.

En ambas as dúas convocatorias valorarase, entre outras cuestións, que os solicitantes sexan Concellos Emprendedores, pero tamén se tivo en conta a superficie do parque empresarial, o nivel de ocupación ou a poboación do municipio.

Desde a súa posta en marcha, a través das liñas para a mellora dos parques empresariais galegos e para a creación de novos viveiros industriais, lévanse apoiados 593 proxectos de mellora nos parques empresariais e impulsados 13 viveiros industriais.