Mércores. 01.05.2024

O pasado domingo 2 de outubro máis de 200 corredores tomaron a saída na edición 2022 do Trail da Baña, organizado polo Concello, o asociación Seixos e pola Asociación A Baña Emprende. As modalidades nas que tomaron parte os corredores foron trail (26 Km), minitrail (16 Km), andaina (16 Km) e pequetrail. Trala competición, e según informan desde o Concello, a valoración dos participantes foi que "o trail da Baña é unha proba dura, máis conta cun fermoso percorrido moi limpo e ben sinalizado".

Belén Riadigos (Galaico Trail Run), na categoría feminina, e Rubén Insua (CDM Vértice), na masculina, foron os gañadores do trail longo, completando o percorrido cun tempo de 3:07:35 e 2:26:11 horas, respectivamente. O podio completouno, nunha categoría feminina que contou con só dúas participantes, Eva de la Fuente (CD Brión) que parou o crono con 3:27:12 horas. Alberto Carou (C.A. O Pino) conseguiu a prata, no trail longo, cun tempo de 2:30:51 horas, e o terceiro caixón do podio foi para o corredor do ADC Monte Breamo (2:32:26 horas). 

O Trail da Baña so seu paso por Nantón
O Trail da Baña ao seu paso por Nantón

No minitrail (16 Km), que foi a modalidade máis concorrida con 89 participantes, os máis rápidos foron Cristina Carril (C.A. O Pino) e Juan José Bello (C.C. O Contón Negreira) cuns tempos de 2:03:35 e 1:30:11 horas, respectivamente. No grupo masculino, decidiuse o título ao sprint no duelo entre Bello e Manuel Canoura (Pontetrail) que ao final foi segundo (1:30:11 horas), seguido do corredor do Runners Carballo José Antonio Señarís (1:37:02 horas). A prata na categoría feminina conseguiuna Carmen García (E. Tartarugas) atravesando a liña de meta cun tempo de 2:08:29 horas, por diante de Ana Lorena González que foi terceira (2:18:08). 

O cadro de honra en veteranos quedou do seguinte xeito: no trail longo, veteranos 1, o triunfo foi para Ramón Barreiro, seguido de Javier Blanco e Alejandro Méndez. En veteranos 2, José M. Cernadas subiuse ao alto do podio, e ao segundo Adolfo Omar. No trail curto, veteranos 1 masculino, o podio conformáronno, nesta orde, Andrés Dominguez, Óscar Fernández e Eduardo Fuigueiras. Mentres que no grupo feminino, venceu Raquel Ramos. Segunda foi Beli Bermúdez e Ana Ramos. Juan Rivas, Antón Juntal e José Luis Rial, en masculino, e Ángeles Salmonte e Chefa Cajuso, en feminino, conformaron os podios do grupo de veteranos 2. A Andaina non competitiva contou con 81 participantes, dos cales 22 eran menores.

Ao remate do percorrido oficial do trail longo, todos os participantes levaron o seu agasallo ecolóxico, un pino de Quercus, para "plantar ao chegar a casa e axudar na repoboación dos montes", como lembrou o presentador da proba Miguel Villaverde. Trala entrega de trofeos, e das boas valoración que tivo, por parte dos participantes, esta edición do Trail da Baña, o alcalde, Andrés García Cardeso, mostrou o seu agradecemento aos máis de 30 voluntarios, á asociación Seixos e a todos os que colaboraron na organización da proba.