Xoves. 25.04.2024

Con 303 participantes inscritos, deuse a saída, o pasado 2 de outubro, á XXXIX Carreira Pedestre da Amaía, organizada polo Concello de Brión e que nesta nova edición incrementou a súa participación nun 43 por cento, segundo indican desde a organización. O rexedor de Brión, Pablo Lago, foi o encargado de dar a saída na proba absoluta na que participaron un total de 157 atletas.

Así, Hugo García Souto (Celta Atletismo) e Ester Navarrete (FC Barcelona) fueron los vencedores. Na categoría masculina, García baixou en 26 segundos, chegando á meta con 31:31 minutos, mellorando o tempo do gran dominador da carreira de Brión e gañador das tres últimas edicións, o atleta luso Nuno Costa, que nesta edición tivo que conformarse coa plata. O podio completuno Jesse Corro (Atletismo Arenteiro) cun tempo de 32:37 minutos. Na categoría feminina mantense a "maldición" e non hai ningunha atleta que repetira triunfo de xeito consecutivo na súa historia. De feito, a gañadora da última edición, no 2021, Sandra Mosquera (Comesaña SC) finalizou terceira con quince segundos máis que Natalia Castro (San Miguel de Marín) que marcou un tempo de 38:15 minutos. Navarrete, que venceu con autoridade, parou o crono en 36:35 minutos.

O club local Brión Hyupersa Santiago, cun total de 140 puntos, acadou por primeira vez o triunfo por equipos, seguidos do SD Compostela (210), CA Tambre (283) e o CA Sar (378) todos eles de Santiago.

CarreiraBrion4
O club local Brión Hyupersa Santiago levouse a clasificación por equipos

O alcalde Pablo Lago presidiu o acto de entrega de premios e trofeos, no que estivo acompañado xunto á concelleira de Deportes, Sandy Cebral e outros representantes do Concello. Todos os vencedores, seis na categoría absoluta, así como os tres primeiros en cada categoría recibiron os seus trofeos, especialmente deseñados polo ceramista Nano Unzueta e que reside no concello de Brión.