Venres. 29.03.2024

O Concello de Mugardos, coa colaboración da Escola Ferrolá de Xadrez, organiza a sexta edición do Torneo Internacional de Xadrez que se disputará no Centro Cívico da localidade os vindeiros 14 e 15 de maio. O campionato está reservado para deportistas con ELO FIDE menor de 2400, sendo valedoiro para ELO FIDE e aberto a todas as idades. Os interesados en participar e non posúan licenza federativa, a organización encargarase de facilitarlla.

O torneo, que se disputará mediante o sistema de xogo suízo a 5 sesións en horario de mañá e tarde, se dispuatrá nas categorías sénior, veterán, Sub18, Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10, e haberá trofeos para os tres primeiros de cada unha delas. O ritmo de xogo será a 60'30''/xogada. A cerimonia  de encerramento será ao remate da 5º sesión e o límite máximo de participantes é de 40 xogadores.

Os interesados en participar teñen que abonar unha inscripción de 10 euros, estando exentos os deportistas de Mugardos, e se poden formalizar a través do correo electrónico [email protected] e se pode consultar toda a información nesta ligazón.