Luns. 29.04.2024

Pablo Liñares (CDM Xesteiras) foi o máis rápido na novena edición da Ruta BTT Os do Monte Bravo, organizada polo Concello de Teo, e que contou na liña de saída con máis de 200 ciclistas.

O gañador disputou ao esprín o triunfo con Nacho Casal (Extol-Zambora.es) ao venceu na foto finish por tan só unha centésima, parando o crono en 02:10:51 horas. O terceiro foi Francisco Javier Mosquera (Aerodynamins) cun tempo de 02:31:36 horas.