Luns. 29.04.2024

O 20 de xaneiro celebrouse en Santiago de Compostela a segunda xornada da Liga galega de kárate. Nesta cita, a escola amesá Dokkodo acudiu con nove deportistas, sendo para algúns deles a súa estrea en competición oficial.

A xornada comezou coas categorías xuvenil e cadete. Santiago Ribas, logrou a medalla de bronce en kumite xuvenil (-36kg) na que foi a súa estrea. Tamén en kumite, Raúl Rodríguez obtivo a quinta posición en cadete masculino (-52kg).

Xa pola tarde foi a quenda dos máis pequenos. O debutante Maximiliano Cobeña logrou a quinta praza en kumite alevín masculino (-34kg); mentres que Martín Campos, para o que tamén era a súa primeira competición, acadou a prata en kumite na mesma categoría. Tamén en kumite, Jadel Rodríguez e Bruno Varela subíoronse ao máis alto do podio en infantil (-45kg) e en alevín (-34kg), respectivamente. Pola súa banda, Xián Blanco, que competía por primeira vez en kata avanzado, perdeu sen opción á repesca e foi 5º en kumite alevín (-34). Na modalidade de kata, Tiago Blanco revalidou o ouro na categoría benxamín.